O "Barbadás Gaming" pon o peche final a súa terceira edición

OurenseXa
Os asistentes puideron xogar aos seus videoxogos favoritos durante os tres días que durou a terceira edición deste evento
barbadas_gaming_1
Barbadás Gaming 2024
28 Mar 2024

O Concello de Barbadás ven de celebrar a terceira edición do "Barbadás Gaming", un vento gratuíto de videoxogos que tivo lugar na Casa da Mocidade de Barbadás durante as vacacións de Semana Santa. A cita, que arrancou o pasado luns, 25 de marzo, puxo o peche final na tarde deste mércores, 27 de marzo.

Durante tres días os asistentes puideron competir en torneos, asistir como público ás competicións e xogar aos seus videoxogos favoritos en consolas PS5 como FIFA, League of Legends, Fornite, etc.

 

0.22515988349915