O barrio da Milagrosa celebrará as súas festas a vindeira fin de semana

O barrio ourensán da Milagrosa celebrará a vindeira fin de semana, do 30 de maio ao 2 de xuño, as súas festas, co apio da concellería de Artes e Festexos do Concello de Ourense.
As festas arrancarán o venres ás 00.00 horas coa actuación da Discomóbil Apocalipsis "on Tour". A verbena estenderase ata ben entrada a madrugada. O sábado, 31 de maio, será a quenda da orquestra Saudade, que actuará a partir das 23.30 horas.
O domingo, ás 11.00 horas, terá lugar a Misa solemne na honra da Virxe da Milagrosa e, ás 20.30 horas, a orquestra Costa Dorada será a encargada de poñer a música á xornada.
Por último, o luns será o Día do Neno, cun 50% de desconto nas atraccións, que estarán abertas ata as 22.00 horas.