O barrio de San Francisco xa se prepara para as súas festas

OurenseXa
A orquestra Olympus, orquestra Marbella, a Gramola e unha Festa da Xuventude completarán o programa
fogos-artificiais-festas
24 Sep 2025

O Concello de Ourense organiza as Festas do barrio de San Francisco 2025, que se celebrarán durante a primeira fin de semana de outubro. O programa de actividades inclúe propostas musicais e festivas para todos os públicos.

O venres 3 abrirá a programación a actuación da orquestra Olympus, seguida o sábado 4 pola Festa da Xuventude co grupo A Gramola. A programación pecharase o domingo 5 cun concerto da orquestra Marbella.

As festas buscan promover a participación veciñal e ofrecer opcións de lecer adaptadas a diferentes idades, fomentando a convivencia e a dinamización do barrio.

⚙ Configurar cookies
0.094095945358276