O BNG de Amoeiro acusa á Fundación Otero Pedrayo de trato discriminatorio

O BNG de Amoeiro, a través do seu responsable local Marcos Blanco, acusou á Fundación Otero Pedrayo de manter un trato desigual entre as actividades do Bloque e as do Partido Popular.
Blanco lebrou que en outubro pasado a fundación prohibiu a celebración dun acto do BNG centrado na vida e obra de Castelao, alegando motivos de pluralismo e neutralidade política. Porén, sinala Blanco, a mesma institución acolleu a varios deputados e un concelleiro do PP para unha visita que foi publicitada pola formación conservadora.
Para o responsable local, isto representa “un claro acto de apropiación dunha figura insigne do nacionalismo galego por parte do Partido Popular” e evidencia “unha flagrante diferenza de trato entre as formacións políticas”.
O BNG de Amoeiro reclama que a Fundación Otero Pedrayo explique de forma transparente os criterios que aplica para permitir ou denegar o uso das súas instalacións, lamentando que “se expulse ao BNG e se promocione ao PP” e engaden que “este comportamento constitúe unha falta de respecto á figura de Don Ramón e ao seu legado”. Por iso, anuncian a súa intención de vixiar as próximas actividades na Fundación e reiteran a súa petición de igualdade de trato.