O BNG de Ourense denuncia a falta de pediatras no Centro de Saúde Nóvoa Santos

OurenseXa
A formación nacionalista sinala a ausencia de planificación da Xunta de Galiza para garantir unha sanidade digna ás crianzas de Ourense
Noa Presas
14 Ago 2024

Desde o BNG denuncian a falta de cobertura da Atención Pediátrica da cidade de Ourense por mor da falta de planificación da Xunta de Galiza, que non dá prioridade aos nenos e nenas da terceira cidade de Galiza.

A formación nacionalista denuncia en concreto a situación do Centro de Saúde Nóvoa Santos, situado no centro da cidade, que vai estar sen pediatra ata o 19 de agosto.

Noa Presas advirte que “isto é debido a falta de planificación da Xunta de Galiza, que non planifica nin os relevos cando os profesionais se desprazan a incorporarse a outros postos de traballo noutros centros de saúde, nin tampouco as vacacións, e ademais neste caso e algo que ocultou a comezos de verán, cando xa anunciaba que nenos e nenas dos centros de saúde do Couto, Coles e Carballeira ián ter que desprazarse a outros centros da cidade”

Presas denuncia que esta situación e constante e que “non se pode consentir”, as crianzas de Ourense teñen que ter garantida a Atención Pediátrica en Centros de Saúde próximos as súas vivendas, dende o BNG instamos á Xunta de Galiza a planificar as situacións que están claramente previstas como son desprazamentos de profesionais ou períodos de vacacións.

Por estes motivos o BNG rexistrou novamente iniciativas no Parlamento Galego para chamar a rectificación desta situación e que se cubran todas as prazas que se precisan na cidade.

0.20449280738831