O BNG de Ourense urxe a solucións ante o estado de abandono dos solares do Casco Histórico

OurenseXa
Os nacionalistas propoñen revitalizar ditos solares baleiros dotándoos de infraestruturas que dinamicen o barrio e eviten situacións de risco como as recentes
bng-ourense-luis-seara
7 Aug 2025

O BNG de Ourense denuncia a situación de abandono dos solares do Casco Histórico da cidade, e lembran que no que vai de agosto xa houbo varios incendios nestes espazos por atoparse “cheos de maleza e con risco de derrubo”.

Os nacionalistas insisten en que “non foron poucas as veces que se sinalou a necesidade de localizar a propietarios e propietarias para que se cumpra o mantemento destes solares”, e poñen como exemplo o solar baleiro da rúa Hernán Cortés “que leva anos cheo de maleza e en situación de abandono”. O espazo ardeu en múltiples ocasións e lembran que foi grazas ao labor dos bombeiros que a situación non foi a máis.

“Estamos condenadas a ver como esmorece a nosa cidade sen poder articular unha proposta de revitalización destes espazos?”, cuestiona o portavoz municipal, Luís Seara, que explica que “de gobernar o BNG, poriamos en marcha o proxecto ‘Solares Vivos’, unha iniciativa multidimensional que, en colaboración coa veciñanza, asociacións, administracións, empresas, propietarias e cidadanía faría destes espazos, lugares dignos para compartir e socializar”.

Seara sinala que sería unha “sala de estar” no corazón da zona histórica, e insiste na “aposta clara” do seu grupo “pola reutilización destes espazos dun xeito temporal, nun acordo entre Concello e propietarias, con distintos usos que volvan reactivar o barrio”.

O portavoz nacionalista, Luís Seara indica que, unha. “Temos unha aposta clara pola reutilización destes espazos dun xeito temporal, nun acordo entre Concello e propietarias, con distintos usos que volvan reactivar o barrio”.

Desde a fronte nacionalista defenden que hai solucións para o actual estado destes solares e o abandono do Casco vello, “só hai que ter vontade política de apostar por unha transformación real”, engade Seara.

⚙ Configurar cookies
0.17317295074463