O BNG de Xunqueira de Ambía denuncia retrasos nas obras do parque de Cerdeira

Os nacionalistas lembran que as obras acumulan xa un ano de atrasos
parque-de-cerdeira-xunqueira
10 Oct 2025

O BNG de Xunqueira de Ambía vén de criticar os atrasos nas obras do parque de Cerdeira, previstas para hai máis dun ano. Segundo lembra o grupo municipal, “fai un ano, 8 de outubro de 2024, era a data que o encargado de obras do Concello refería en pleno con absoluta rotundidade como de finalización das obras do parque de Cerdeira”.

O 9 de outubro de 2024, o Concello anunciaba polas súas redes sociais a paralización dos traballos “por mor dun problema coa maquinaria da Deputación” e que tardaría polo menos unha semana.

Pero as nacionalistas denuncian que actualmente os traballos seguen paralizados e, no último pleno, celebrado o 12 de setembro, o portavoz municipal aseguraba que estaría rematado “en 15 días sen dúbida algunha, é dicir, o 27 de setembro”. “Ni fai 1 ano estaba. Ni fai 15 días estaba. Ni hoxe está”, afirman.

Por iso, denuncian as “promesas incumpridas” do alcalde e piden coñecer cal é a nova data prevista para retomar os traballos.

⚙ Configurar cookies
0.077792882919312