O BNG organiza unha xornada informativa sobre a posible instalación dunha planta de biogás en Xunqueira de Ambía

Será o venres 10 de outubro no Local Social de Pazos Abeleda
xornada-planta-biogas-xunqueira
6 Oct 2025

O BNG de Xunqueira de Ambía organiza unha xornada informativa o vindeiro venres 10 de outubro ás 21:00 horas no Local Social de Pazos Abeleda, co obxectivo de achegar información á veciñanza sobre a posible instalación dunha planta de biogás na comarca.

Durante o encontro explicarase o funcionamento deste tipo de instalacións e analizarase o seu impacto ambiental e social. Ademais, especialistas en enerxía, medio ambiente e sector agro-gandeiro atenderán consultas e ofrecerán información útil para os asistentes.

A convocatoria busca fomentar a participación cidadá e facilitar o acceso a información contrastada para que a comunidade poida debater e reflexionar sobre este proxecto. O BNG anima a todos os veciños e veciñas a asistir e a compartir a información para contribuír á toma de decisións sobre o futuro do territorio.

⚙ Configurar cookies
0.089263200759888