O BNG reclama explicacións sobre as obras da rotonda da OU-540 en Barbadás

OurenseXa
Desde a formación nacionalista lembran que as obras neste punto, que permite o acceso á autovía A-52, estivo máis de tres anos parada pese ás continuas queixas e reclamacións mesmo a través do Parlamento galego
Obras_Ou_540_Barbadasjpg
Obras na OU-540 ao seu paso por Barbadás
4 Mar 2024

No ano 2021 comezaron as reclamacións e as iniciativas por parte do Grupo municipal do BNG en Barbadás sobre a tardanza na execución dos traballos necesarios para dotar a OU-540, no punto quilométrico 4.2, ao seu paso polo municipio, dunha rotonda que facilitara o acceso á A-52. Tal e como lembra o Portavoz municipal Sarín Núñez, “ao longo dos últimos case tres anos, desde o BNG presentamos para debate ante o Pleno varias iniciativa sobre a situación ao tempo que, rexistráronse outras tantas no Parlamento Galego tendentes a verter luz sobre a tardanza na execución das obras”.

O certo é que as obras leváronse a cabo finalmente, mais o que sorprende ao BNG é que “nos últimos días, as isletas construídas nese punto para facilitar a seguridade no cruzamento, están sendo levantadas de novo, algo que nos chama poderosamente a atención” sinala Núñez Pérez.

Por este motivo é polo que, aproveitando a celebración do Pleno que o Concello de Barbadás ten previsto celebrar no día de mañá, desde o Grupo municipal do BNG preguntaralle ao Goberno Local, “se ten información sobre que é o que está acontecendo e os motivos polos cales un proxecto que se acaba de executar volve a ser obxecto de obras”. Ao tempo adiantan que, ao ser uns traballos competencia da Xunta de Galiza, “trasladaremos as preguntas e a solicitude de explicacións ao Parlamento galego xa que logo de case tres anos agardando, non nos parece de recibo o que está acontecendo”.

0.18398594856262