O Boina Fest busca artistas ourensáns para formar parte do cartel de 2025

OurenseXa
O primeiro festival contra a despoboación do país celebrarase este ano o 9 de agosto e os artistas poden presentar as súas candidaturas ata o 28 de marzo
cartel-boina-fest
11 Feb 2025

O Boina Fest, o primeiro Festival contra a despoboación do país, cumpre 11 anos reivindicándose desde Arenillas (Soria). Este pequeno municipio de algo máis de 40 habitantes e o seu festival, atraeron a atención de máis de 500 artistas inscritos e de máis de 6.000 asistentes ao longo de todos estes anos. Ademais, polo seu escenario pasaron artistas da talla de Rozalén, Grison e Tuli, Wilbur, Artistas del Gremio, Funkiwis, La Regadera ou Bewis de la Rosa.

Este ano celebrarase o próximo 9 de agosto, e desde hoxe está aberta a súa convocatoria a artistas nados ou residentes en un dos 1710 municipios comprendidos na España baleira, aqueles cuxa densidade de poboación está por debaixo dos 8 habitantes por quilómetro cadrado, e que se atopa repartida en certas zonas de 16 provincias: Soria, Teruel, Guadalajara, Cuenca, Zaragoza, Burgos, La Rioja, Segovia, Valencia e Castellón, Ourense, León, Zamora, Salamanca, Cáceres e Badajoz.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o próximo 28 de marzo en boinafest.es/tocar e entre todos os artistas inscritos, 3 serán os elixidos para compartir cartel con outros artistas aínda por confirmar. Xa que, ademais de visibilizar o problema da despoboación e promocionar a artistas desas zonas, este festival serve tamén de altavoz para artistas de zonas máis poboadas, os cales adoitan ter máis dificultades á hora de actuar nunha provincia como Soria.

Arenillas é unha aldea recoñecida pola súa loita contra a despoboación desde os anos 80. Grazas ao seu ímpetu conseguiu manter a súa poboación, aínda atopándose no epicentro da zona cero da despoboación no noso país. Na última década naceron 8 nenos, o que multiplica por 3 a taxa de natalidade da provincia de Soria, e grazas ao traballo do seu Concello e da Asociación Cultural en favor da repoboación do municipio. Actualmente, a aldea conta con 7 vivendas de alugueiro social e algo máis de 40 habitantes.

0.17089581489563