O Botánico de Montealegre presenta unha colección de plantas carnívoras única en Galicia

Coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, que tivo lugar este xoves, 5 de xuño, o Concello de Ourense presentou unha nova colección de plantas carnívoras e crasas, no invernadoiro do Parque Botánico de Montealegre.
A colección, promovida pola sección de Parques e Xardíns do Concello, é única na comunidade autónoma de Galicia e recolle especies chegadas de catro dos cinco continentes.