O bus de doazón de sangue de ADOS visitará A Valenzá o 31 de xaneiro

OurenseXa
Estará situado na Avenida de Celanova de 10:00 a 15:00 horas
Doa Sangue
25 Jan 2026

O autobús da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará na Valenzá o sábado 31 de xaneiro, na Avenida de Celanova, 72, diante da farmacia, desde as 10:00 ata as 15:00 horas.

Dende Ados fan un chamamento á veciñanza de Barbadás á acudir a doar sangue lembrando que, cada día, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter o seu funcionamento, polo que a colaboración cidadá é fundamental para garantir a dispoñibilidade deste recurso.

⚙ Configurar cookies
0.099647998809814