O Campo do Souto de Amoeiro acollerá esta noite a proxección do filme ‘El maestro que prometió el mar’

OurenseXa
A actividade enmárcase dentro do programa cultural posto en marcha polo Concello para este verán
Venres de cine e teatro en Amoeiro
Venres de Cine en Amoeiro
18 Jul 2025

O Concello de Amoeiro organiza este venres, no Campo do Souto, a proxección do filme ‘El maestro que prometió el mar’, unha película escrita por Albert Val baseada na novela de Francesc Escribano e dirixida por Patricia Font.

Laia Costa e Enric Auquer protagonizan esta historia na que Ariadna buscará os restos do seu avó, desaparecido na Guerra Civil. Durante a súa procura descubrirá a historia de Antoni Benaiges, un mestre que fora profesor do seu avó.

A actividade enmárcase dentro do programa cultural posto en marcha polo Concello para este verán, que incluirá tamén actividades en agosto.

⚙ Configurar cookies
0.16799402236938