O Campus de Ourense aborda nunhas xornadas as formas de previr as '(ciber)violencias' entre os adolescentes

OurenseXa
A actividade titulada 'Do sexting ao acoso e abuso sexual baseado nas imaxes entre adolescentes: novos riscos online', afundou sobre os riscos destas prácticas entre a rapazada
Xornada 'Do sexting ao acoso e abuso sexual baseado nas imaxes entre adolescentes'
8 Out 2024

Unhas xornadas celebradas este luns na Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense afondaron sobre os riscos que o sexting, o envío electrónico de material como imaxes e videos autoproducidos de carácter sexual, traen para á persoa que o practica.

A actividade 'Do sexting ao acoso e abuso sexual baseado nas imaxes entre adolescentes: novos riscos online' estivo organizada desde o grupo de investigación Saúde, Sexualidade e Xénero da Universidade de Vigo pola profesora titular Yolanda Rodríguez e a axudante doutora Rosana Martínez.

A xornada estivo dirixida especialmente ao público adolescente, onde esta actividade é máis común,  e tivo como principal obxectivo “incrementar a conciencia de risco do material auto-xerado, recibido e manipulado de imaxes de contido sexual entre adolescentes, a través das prácticas do sexting” e “promocionar a igualdade de xénero para previr as (ciber)violencias sexuais cara as mozas e mulleres”.

O programa deseñado tamén quixo “identificar as novas formas de expresarse do patriarcado nosa sociedade actual, tanto na esfera off-line como en liña”, mostrar a realidade destas e “contribuír a construír sociedades igualitarias e libres de violencias cara as mozas e mulleres”. Ao celebrarse na Facultade de Educación e Traballo Social, a xornada incluíu entre os seus retos ofrecer ao alumnado asistente competencias multidisciplinares sobre como crear espazos coeducativos igualitarios e de tolerancia cero a calquera manifestación de violencia deste tipo.

 

0.19953012466431