O Campus de Ourense estrea un mural para conmemorar o seu 50 aniversario

OurenseXa
Titulado ‘Dúas fontes, unha fonte’, o mural é obra da artista gañadora do Concurso de intervención artística Campus Auga 2024, María del Mar Ramón Soriano
Inauguración do mural ‘Dúas fontes, unha fonte’, no campus de Ourense
Inauguración do mural ‘Dúas fontes, unha fonte’, no campus de Ourense
17 Dec 2024

O Campus de Ourense inaugurou este luns o mural ‘Dúas fontes, unha fonte’, obra da artista María del Mar Ramón Soriano coa colaboración da súa nai, a ceramista Teresa Soriano, co gallo da celebración este ano do 50 aniversario do campus de Ourense. A proposta ocupa unha das paredes laterais exteriores do edificio do Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense acreditado pola Xunta de Galicia.

A obra foi a gañadora do Concurso de intervención artística Campus Auga 2024, organizado pola Universidade de Vigo, dotado con 5000 euros. O vicerreitor do campus, Francisco Javier Rodríguez Rajo, recalcou que con ela réndese homenaxe ao medio século de historia do campus, un período no que, subliñou, “houbo moitísima xente que pelexou moito para que teñamos este campus tan fermoso que temos, con moitas titulacións e alumnado, tendo hoxe en día máis dun cen por cen de matrícula”.

María del Mar Ramón Soriano, nacida en Valencia en 1993, doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo, que ten o seu taller en Niñodaguia, aldea ourensá de tradición cerámica. Ten realizado estancias en Estados Unidos, grazas a una bolsa Fulbright de estudos artísticos, e diversas residencias de produción e investigación. Ademais, ten exhibido individualmente en diversas galerías e participado en exposicións individuais e colectivas, entre elas na Sala Alterarte do campus de Ourense.

A artista explicou que a obra xorde “na idea de corpo como filtro e a auga como cousa cíclica dentro do corpo”, e tendo en conta a especialización do campus de Ourense como Campus Auga

0.1546778678894