O Campus de Ourense organiza o XXXV Encontro Galego-Portugués de Educadores pola Paz

OurenseXa
O encontro reunirá a un amplo colectivo da comunidade educativa dos dous países, tanto alumnado como profesorado, “preocupados por contribuír, educando, á transformación deste mundo nun lugar máis pacífico e xusto para vivir”
encontro-camiños-paz-campus-ourense
XXXV Encontro Galego-Portugués de Educadoras/es pola Paz
22 Apr 2024

A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense, xunto con Educadores/as pola Paz-Nova Escola Galega e Agappaz, contando, organizan o XXXV Encontro Galego-Portugués de Educadoras/es pola Paz, baixo o lema Camiños da paz en tempos de guerras.

O evento celebrarase os días 26, 27, 28 de abril O Carballiño (Ourense), onde volverá a reunir a un amplo colectivo da comunidade educativa dos dous países, tanto alumnado como profesorado, “preocupados por contribuír, educando, á transformación deste mundo nun lugar máis pacífico e xusto para vivir”.

“O máis importante deste encontro é que supón un espazo de convivencia entre profesorado que ten experiencias de boas prácticas innovadoras neste ámbito da educación para a paz e alumnado tanto de Galicia como de Portugal”, subliña Xosé Manuel Cid, decano da  facultade de Traballo Social, pondo en valor a traxectoria de 35 anos desta actividade.

As e os asistentes compartirán tres días de aprendizaxe e convivencia que terán como obxectivo afondar nas relacións educativas e culturais de Galicia e Portugal e fundamentar a educación para a paz mediante o recurso a debates e intercambio de ideas con persoas expertas. Ademais, a programación permitiralles coñecer intervencións educativas baseadas na procura da paz, en centros e asociacións da Eurorrexión, e participar dun encontro de debate horizontal entre docentes e educadoras e educadores, favorecendo as actividades lúdicas e dinámicas. “Xuntarémonos unha vez máis para explorar os horizontes de posibilidade á hora de fomentar a non violencia como cultura aprendida e para normalizar a empatía, o diálogo, o apoio mutuo, os dereitos humanos, a comprensión das causas de raíz dos conflitos no mundo, o desarme e o respecto interpersoal, intergrupal, entre culturas e entre nacións”, sinalan desde a organización do encontro. A presenza cada vez maior de guerras e sufrimento no mundo, recalcan, é testemuño do feito de que a “realidade precisa dunha mudanza profunda, mais o comezo de tamaña transformación atópase nos pequenos xestos cotiáns, nas actitudes, nas decisións e nas accións que tomemos cada día”.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.065080165863037