O campus organiza unha nova edición do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil

OurenseXa
Baixo o título de 'Lecturas desde a diversidade', o Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil cumpre este ano coa súa décima edición
Edificio-de-ferro-campuss-ourense-recurso
Facultade de Educación e Traballo Social, Edificio de Ferro do campus de Ourense
22 sep 2024

A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense organiza por décimo ano o Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil que, nesta edición, leva por título 'Lecturas desde a diversidade'.

O ciclo contará con catro conferencias onde o alumnado da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense e o público interesado terá a oportunidade de asistir a catro conferencias na que diferentes creadores falarán da súa obra escrita ou ilustrada arredor desta temática.

A actividade está organiza polas profesoras do centro Isabel Mociño, Carla Míguez e María González e conta co apoio da Vicerreitoría do Campus de Ourense, da Facultade de Educación e Traballo Social e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua, que colabora con este ciclo ao abeiro do convenio que ten coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. A inscrición é de balde e está en trámite o recoñecemento de 15 horas de créditos de libre elección. Aínda que especialmente pensada para o alumnado dos graos de Educación Infantil e de Educación Primaria que se imparten no campus, a iniciativa está tamén aberta a outros colectivos e públicos que poidan estar interesados, como poden ser mestres en activo.

A iniciativa mantén o seu obxectivo de ofrecer unha actividade formativa que complemente as carencias que se observan no curriculum formativo das futuras mestras e mestres, propiciando o seu primeiro contacto con autoras e autores de libros cos que logo van a traballar nas aulas, ademais de dar a coñecer o que se está facendo no mundo da creación literaria en galego. A finalidade desta edición, explican desde a organización, é contribuír á “formación dun lector competente, crítico e con capacidade de reflexión para comprender a diversidade, respectala e promover unha actitude proactiva ante unha sociedade en constante cambio”.

0.16003799438477