O Carballiño reparte hoxe 1.000 euros en premios para os mellores disfraces de comadres e compadres

OurenseXa
O Carballiño da comezo ao Entroido cunha entrega de premios aos mellores disfraces
Entroido_O_Carballiño
Programa Entroido O Carballiño
9 Feb 2024

Este venres, arrinca o entroido no Carballiño cunha novidadade importante, celebrarase o Venres de Comadres e Compadres, dende as 19h ata as 22h un photocall na Praza Maior, será o espazo escollido para que as mulleres vestidas de compadres e os homes vestidos de comadres sexan fotografiados para o concurso organizado pola hostalería do Carballiño, que conta con premios de 500 euros para cada un. A actividade é unha aposta do concello, de numerosos veciños e da propia hostalaría, que de forma decidida, participa na actividade

O xurado será a veciñanza, o compadre e a comadre máis votada, con máis "me gustas" no Facebook oficial do concello do Carballiño ata o día 23 de febreiro, serán os que leven o importante premio económico de 500 euros na súa categoría.

Unha famosa discoteca móbil acompañará a xornada con dous pases, un pensado para as familias de 20.30 a 21.30h e outro pase nocturno de 23.30 a 01.30h.

Asemade, unha carpa instalada na Praza Maior será a aposta local contra as inclemencias metereolóxicas.

Por outra beira, o sábado será o día dos máis cativos, que unha vez máis contará co concurso e a animacion infantil, cun baile de entroido pensado en introducir ós máis cativos na tradición do entroido. De mañá haberá un taller e pola tarde, tamén na Praza Maior, será a gran Festa para o público familiar. A carpa asegurará unha vez máis que a choiva non afecte á celebración.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18164706230164