O CEIP Baños de Molgas celebra este próximo sábado o seu 50 aniversario

OurenseXa
Será unha xornada de reencontro con actividades para todas as idades
aniversario-ceip-banos-de-molgas
9 Jun 2025

Este 2025 cúmprense 50 anos da apertura do CEIP Baños de Molgas e, par celebralo, o centro organiza unha festa de aniversario para antigos alumnos, amigos e profesores do centro.

Será unha xornada de reencontro na que non faltará a comida e a bebida. Haberá, ademais, inchables para as persoas que asistan cos seus fillos e fillas.

Para asistir, será necesario comunicar a asistencia por correo electrónico, na dirección ceip.banhos.molgas@edu.xunta.gal, ou por WhatsApp, través do 667 604 519.

⚙ Configurar cookies
0.15115213394165