O CEIP Baños de Molgas cumpliu 50 anos

OurenseXa
O Concello rendeu homenaxe ao profesorado, ao persoal non docente, ao alumnado que pasou polas súas aulas e ás familias que confiaron na escola pública
50-aniversario-ceip-baños-de-molgas
50 aniversario do CEIP Baños de Molgas
22 Jun 2025

Onte, o CEIP Baños de Molgas celebrou o seu 50 aniversario, un medio século de historia no corazón do Concello de Baños de Molgas. Este centro educativo, sinalan dende o Concello, foi e segue a ser moito máis que un lugar de aprendizaxe: “é un espazo de encontro, memoria compartida e futuro”.

Durante a celebración, renderon homenaxe ao profesorado, ao persoal non docente, ao alumnado que pasou polas súas aulas e ás familias que confiaron na escola pública. Tamén estiveron presentes autoridades como o Director Territorial da Consellería de Educación, Jorge Rubén Sampedro Grande, e o propio alcalde de Baños de Molgas, Manuel Fernández.
O CEIP Baños de Molgas é un dos piares fundamentais do municipio e un elemento esencial para o seu presente e futuro, destacan dende o goberno municipal, e insisten na importancia de coidalo, defendelo e mantelo como un lugar acolledor onde medrar e aprender.

⚙ Configurar cookies
0.15603709220886