O CEIP Curros Enríquez de Ourense estrea un mural realizado polo alumnado

OurenseXa
Máis dun cento de alumnos e alumnas do centro educativo participaron esta semana no proxecto ‘Plantando árbores con pinceis’
mural-ceip-curros-enriquez-ourense-plantando-arbores-con-pinceis
11 Apr 2026

125 alumnas e alumnos do CEIP Curros Enríquez de Ourense participaron esta semana no proxecto educativo Plantando árbores con pinceis, unha iniciativa que combina arte, sustentabilidade e educación ambiental promovida por Afundación.

Durante a actividade, o alumnado elaborou un mural empregando pinturas fotocatalíticas anticontaminantes, decoraron bolsas de tea con pinturas ecolóxicas e participaron nun obradoiro de estampaxe.

O proxecto enmárcase dentro do programa Educación para a sostibilidade, promovido pola Obra Social de ABANCA, que en 2024 foi recoñecido co premio nacional de Medio Ambiente de CECA. A través desta proposta, búscase concienciar aos máis novos sobre a importancia do coidado do medio ambiente e a súa relación cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) 2030.

Plantando árbores con pinceis iniciouse no ano 2021 como parte das actividades da Área Educativa de Afundación. Desde entón, ten acadado unha ampla participación en centros escolares de toda Galicia, e prevese que ao remate do curso 2025-2026 máis de 19.000 escolares e docentes teñan participado na creación de máis de 200 murais.

nenos-pintando-mural-ceip-curros-enriquez-ourense
0.12003207206726