O CEIP de Bóveda abre as reservas de prazas para o vindeiro curso

OurenseXa
As familias que queiran coñecer máis a fondo a instalacións poden acudir á xornada de portas abertas prevista para o 11 de marzo ou solicitar unha cita personalizada
axudas-estudantes-alumnado-colexio-instituto-recurso
7 Mar 2026

O CEIP de Bóveda ten aberto ata o 20 de marzo o prazo de reservas de prazas para o vindeiro curso 2026/2027, mentres que o período de matrícula terá lugar do 20 ao 30 de xuño.

Co obxectivo de dar a coñecer o centro ás familias interesadas, o CEIP Rosalía de Castro de Bóveda celebrará o próximo 11 de marzo ás 10:30 horas unha xornada de portas abertas, na que se poderán visitar as instalacións e coñecer de primeira man o proxecto educativo do colexio.

Dende o centro tamén informan de que aquelas persoas que non poidan asistir nesta data terán a posibilidade de concertar citas personalizadas para recibir información e coñecer o funcionamento do colexio.

0.11997389793396