O CEIP de Quiroga impulsa unha iniciativa solidaria a favor de Down Ourense

RibeiraSacraXa | OurenseXa
O centro instalará este luns un posto de chapas elaboradas polos propios nenos e nenas para recadar fondos para a asociación
ceip-quiroga1
26 Oct 2025

O CEIP de Quiroga organiza unha actividade solidaria para apoiar á asociación Down Ourense. Este luns 27 de outubro, o centro instalará un posto de chapas elaboradas polos propios nenos e nenas, que poderán levar a cambio dun donativo. Todo o recadado irá directamente para a asociación.

Dende o colexio animan a toda a comunidade a achegarse e facerse coa súa chapa solidaria, nunha acción que pretende fomentar a inclusión e sensibilizar sobre a diversidade.

A iniciativa conta coa colaboración das Bibliotecas Escolares de Galicia, os Equipos de Dinamización da Lingua, a Biblioteca Creativa e a propia Asociación Down Ourense.

⚙ Configurar cookies
0.072761058807373