O CEIP Joaquina Gallego Jorreto da Merca abre as portas para dar a coñecer o seu proxecto educativo

O CEIP Joaquina Gallego Jorreto abre as súas portas ás familias interesadas en coñecer de preto o seu proxecto educativo coincidindo co inicio do período de inscrición para o curso 2026/2027. O centro invita a visitar as súas instalacións e a informarse sobre a súa proposta formativa.
O colexio destaca por ofrecer un trato próximo e personalizado ao alumnado, apostando por un modelo no que cada neno e cada nena recibe unha atención individualizada. A súa contorna rural permite desenvolver unha educación en contacto coa natureza, incorporando actividades, talleres e excursións que aproveitan o entorno privilexiado no que se atopa. Así mesmo, o centro conta con servizos orientados a facilitar a conciliación familiar, complementando a actividade lectiva con recursos que buscan adaptarse ás necesidades das familias.
Co prazo de inscrición xa aberto para o vindeiro curso, o CEIP Joaquina Gallego Jorreto anima ás persoas interesadas a achegarse ao centro para coñecer con detalle as súas instalacións e o seu funcionamento, nunha xornada de portas abertas pensada para resolver dúbidas e presentar o seu proxecto educativo.