O CEIP Manuel Sueiro acada un premio estatal pola súa labor de dinamización da lectura na aulas

O Colexio Plurilingüe Manuel Sueiro da cidade de Ourense acaba de ser galardoado nos premios a plans de lectura no ámbito escolar correspondentes ao curso 2024-25, outorgados polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
En concreto, obtivo o terceiro premio na modalidade de centros situadas en concellos de máis de 5.000 habitantes. O recoñecemento foi outorgado pola labor que realiza o centro na dinamización da lectura nas aulas.
Dende hai máis de 15 anos, o centro participa no Plambe, Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, así coma nos programas Radio na biblio, Biblioteca creativa e Bibliotecas solidarias, impulsados pola Xunta de Galicia para fomentar as competencias lectoras entre o alumnado.
A directivo a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou esta mañá o centro para felicitar ao equipo docente por este recoñecemento, salientando o “intenso traballo de colaboración e compromiso” de docentes e alumnos do centro con iniciativas a prol da lectura.