O CEIP Otero Pedrayo de Amoeiro celebra o seu 50 aniversario

OurenseXa
Dende o centro piden a colaboración dos veciños e veciñas para organizar unha exposición con fotos ou material relacionado co colexio
ceip-otero-pedrayo-amoeiro
30 Apr 2025

O CEIP Otero Pedrayo de Amoeiro celebra este 2025 o seu 50 aniversario. Con este motivo, dende o centro educativo, en colaboración co Concello, están preparar unha exposición con materiais e fotografías antigas que reflictan a historia da escola e do seu alumnado ao longo do tempo.

Por iso, piden a colaboración veciñal para recadar fotografías, obxectos ou lembranzas relacionadas co colexio. O material poderá entregarse no propio centro de forma presencial ou por correo electrónico a través da dirección ceip.pedraio.amoeiro@edu.xunta.gal.

⚙ Configurar cookies
0.15956401824951