O CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía organiza a III Andaina Ruta de Orientación

O sábado 31 de maio de 2025, a partir das 9.300 horas, Xunqueira de Ambía acollerá unha nova edición da Andaina Ruta de Orientación, unha xornada solidaria organizada polo CEIP Padre Crespo baixo o lema “Falando de solidariedade”.
A actividade contará con rutas de 5, 11 e 15 quilómetros, que incluirán circuítos de orientación para todos os niveis, tanto de iniciación como avanzado. As inscricións están abertas a todas as idades, e a participación será gratuíta para os máis pequenos.
O recadado destinarase integramente a causas solidarias. As persoas interesadas poden inscribirse no propio centro educativo, no Concello, a través da plataforma Sportmaniacs.com ou mediante a app Saudeter Live.