O CEIP Saco e Arce resultou premiado no certame Atrévete

O CEIP Saco e Arce de Toén resultou gañador na última edición do certame‘Atrévete a ter unha idea e Eduemprende Idea’, uns premios que recoñeceron o traballo de 137 alumnos de 16 centros educativos galegos, salientando especialmente a participación do alumnado do colexio toenés en dúas das modalidades de Primaria.
O centro foi recoñecido por dous proxectos innovadores. O primeiro consistiu na creación dun vehículo xeolocalizado que, mediante sensores, recolle o lixo nas cidades e deposítao en bolsas, promovendo a responsabilidade ambiental. O segundo proxecto tratou de deseñar un xerador de enerxía eléctrica con randeeira para iluminar espazos como parques ou outras zonas da vila, combinando creatividade e preocupación pola eficiencia enerxética. Estes traballos poñen de manifesto a capacidade do alumnado de Toén para xerar ideas prácticas e innovadoras, consolidando ao colexio como un referente en emprendemento educativo en Galicia.