O celanovés José María Paz Gago ingresará na Academia de Ciencias de República Dominicana

O celanovés José María Paz Gago, catedrático de literatura comparada na Universidade da Coruña e membro do Padroado da Fundación Curros Enríquez, ingresará na Academia de Ciencias da República Dominicana.
O fará, concretamente, na sección de Lingüística e Literatura, nunha cerimonia de investidura que terá lugar na sede da institución na Cidade Colonial de Santo Domingo este xoves, 5 de febreiro.
Ao día seguinte, o escritor e profesor coruñés pronunciará unha conferencia na Biblioteca Nacional Pedro Henríquez Ureña.
Paz Gago pronunciará o seu discurso de ingreso ante a prestixiosa Academia Dominicana sobre a historia e a estrutura poética da canción "Por amor", interpretada por artistas como Plácido Domingo, Luis Miguel, Jon Secada e Gloria Estefan. Trátase dunha das baladas románticas máis inspiradas e populares de América, obxecto dunha longa disputa sobre propiedade intelectual, que o novo académico tratará de dilucidar.
Paz Gago leva unha década vinculado ao doutoramento en Estudos Lingüísticos e Literarios da Pontificia Universidade Católica Madre y Maestra, unha das máis prestixiosas do país, e participou, convidada pola Semana da Poesía de Santo Domingo, en recitais poéticos tanto na capital como en Santiago de los Caballeros ou en La Romana.
Dende a Fundación Curros Enríquez felicitan a Gago por este nomeamento, froito de anos de traballo.