O Centro Cultural Marcos Valcárcel abre ao público unha mostra pictórica sobre o Camiño de Santiago

OurenseXa
Trátase de ‘Galaica’, do artista arxentino Diego Beyró, que poderá verse ata o 7 de setembro
expo-galaica-diego-beyro-ourense
Exposición 'Galaica' en Ourense
18 Jul 2025

O Centro Cultural Marcos Valcárcel estrea unha nova exposición que poderá verse durante o verán. Trátase de ‘Galaica’, do artista arxentino Diego Beyró, unha mostra de pintura que recolle imaxes do Camiño de Santiago. O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, participou na inauguración, onde se puxo en valor o compromiso da Deputación de Ourense coa cultura.

Pinturas de máis de tres metros, algunhas delas feitas con bolígrafo, recollen o sentir deste camiñante que ven de rematar a Vía da Prata A exposición conta ademais coa colaboración do Consulado Arxentino en Vigo, que atende á importante poboación arxentina de todo Galicia. A encargada de asuntos culturais da institución, Vera Pozzi, participou no acto.

O Camiño de Santiago, percorrido hai centos de anos por millóns de peregrinos, é a ruta que convida unha e outra vez a Diego Beyró (Bos Aires, 1984) a camiñar. Logo de catro experiencias polas rutas xacobeas -o Camiño Francés, o Portugués, o do Norte e a Vía da Prata, transitado recentemente-, o artista traduce as súas memorias en cadros de gran formato, superando en ocasións os tres metros de altura e que presenta nesta exposición.

O artista amosa obras impactantes e maxestuosas onde a figuración e o realismo acadan unha nova dimensión a través de diferentes técnicas e diferentes soportes, algunhas delas realizadas con bolígrafo. O camiñante pasa a ser pintor pero o pintor non deixa de ser camiñante e descarga toda a súa experiencia nestas obras que ven a luz por primeira vez.

Nesta mostra, Beyró establece un dialogo coas orixes ancestrais do Camiño, trazando un paralelismo coa busca de iluminación que dende hai miles de anos levou aos celtas a conectar coa terra e a natureza, perseguindo o último sol de Fisterra.

“Galaica” poderá visitarse no Centro Cultural Marcos Valcárcel entre o 17 de xullo e o día 7 de setembro. Dende o 25 de xullo ao 31 de agosto, o centro cultural terá horario unicamente matinal.

⚙ Configurar cookies
0.16331386566162