O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle a mostra 'Habitar o Baleiro', de Brais Lorenzo
O Centro Cultural Marcos Valcárcel abre ao público a exposición 'Habitar o Baleiro', unha mostra do fotógrafo ourensán Brais Lorenzo composta por unha selección de arredor de 40 imaxes tomadas durante 10 anos nalgunhas das áreas máis despoboadas de Galicia.
Brais Lorenzo (Ourense, 1986), aborda nesta mostra problemáticas medioambientais que afectan moi especialmente a zonas da Galicia rural, como as secas ou os incendios forestais, a soidade, o illamento, o abandono e a falta de asistencia nalgunhas das zonas con maior perda de densidade de poboación nas provincias de Lugo e Ourense.
Coordinada por Tono Arias, a mostra configúrase a partir dunha narrativa complementada por audios, vídeos e textos que crean unha experiencia inmersiva que achega o espectador ao presente e o pasado das vivencias e comportamentos sociais dos protagonistas das historias. A exposición forma parte dun projecto xornalístico no que participan Cláudia Morán, Sergio Pascual e Lucía Abarrategui.
Habitar ou baleiro tamén acolle outra cara máis amable das zonas rurais galegas, como o repunte do interese polo sector primario e outros proxectos de vida no rural ou a visión do Entroido como ferramenta de reivindicación e preservación cultural e do territorio.