O Centro Cultural Marcos Valcárcel acollerá este martes unha charla gratuíta sobre facturación electrónica

OurenseXa
Está dirixida a autónomos, emprendedores e pequenas empresas que necesiten adaptarse ás novas obrigacións legais en materia de facturación electrónica
marcos_valcarcel_recurso
28 Apr 2025

A Oficina AceleraPyme da Deputación de Ourense, que axuda a empresa e emprendedores da provincia na súa dixitalización, organiza este martes a acción dinamizadora "Nueva Factura Electrónica", no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Esta actividade, enmarcada dentro do Proxecto AcelerOU, está orientada a autónomos, emprendedores e pequenas empresas que necesiten adaptarse ás novas obrigacións legais en materia de facturación electrónica.

Na sesión, abordaranse temas clave como o Programa Verifactu, as novas normativas e o papel do Kit Dixital no proceso de transformación.

Ignacio Fontaíña, de EVOLK Galicia, experto en transformación dixital empresarial, é o encargado de impartir a charla.

A entrada é libre e gratuíta, sen necesidade de inscrición previa. Para máis información, os interesados poden contactar coa Oficina AceleraPyme da Deputación de Ourense, a través do teléfono 627 500 345, o correo acelerapyme.contacto@depourense.gal ou na propia web: https://acelerapyme.depourense.es.

Esta actividade conta coa financiación da Unión Europea a través do programa NextGenerationEU e enmárcase na estratexia España Digital 2026.

⚙ Configurar cookies
0.15201020240784