O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu a presentación da XIV Feira de Artesanía de Cortegada

OurenseXa
A Feira celebrarase os días 17 e 18 de agosto
Presnetación da Feira de Artesanía de Cortegada 2024
9 Ago 2024

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Luis Fernandez Fernandez, participou no Centro Cultural Marcos Valcárcel, na presentación da XIV Feira de Artesanía de Cortegada que se celebrará os días 17 e 18 de agosto.

O programa desta festa inclúe unha ruta de tapas pola localidade que estará amenizada pola charanga El Brexit e continuará cun concerto de Óscar Ibáñez & Tribo.

As actividades continuarán o domingo, 18 de agosto, a partir das 11:00 horas coa apertura da feira, das atracción exolóxicas e talleres infantís de artesanía. Ao longo de todo o día haberá, ademais do xantar, diversas propostas de animación, música, actividades deportivas e degustación de viños do Ribeiro

0.15582394599915