O Centro Cultural Marcos Valcárcel inaugura a exposición "Silencio e Materia"
OurenseXa
A inauguración terá lugar este xoves, 11 de abril, ás 19.30 horas
Centro Cultural Marcos Valcárcel, Ourense
10 Apr 2024
O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle este xoves, 11 de abril, ás 19.30 horas, a exposición "Silencio e Materia", unha mostra comisariada por Rosendo Cid que fará un percorrido polos máis de cincuenta anos de historia artística do escultor Xosé Cid.
Nacido en San Cibrao das Viñas en 1946, é un artista de formación autodidacta que formou parte do grupo de creadores ourensáns "Os Artistiñas", bautizados así polo propio Vicente Risco. Ademais, tamén formou parte do colectivo "O Volter". Cid pertence a ese grupo de artistas que continúan profundando nas liñas abertas nos anos sesenta. É un dos grandes autores para ter en conta na escultura das últimas décadas en Galicia.