O Centro Cultural Marcos Valcárcel inaugura a mostra ‘Pulpezas’, de Mon Devane
OurenseXa
Poderase visitar ata o vindeiro 6 de xaneiro de 2025
Inauguración da mostra 'Pulpezas'
7 Nov 2024
O Centro Cultural Marcos Valcárcel inaugurou este mércores pola tarde a exposición ‘Pulpezas’, do artista urbano Mon Devane, que poderá visitarse ata o próximo 6 de xaneiro de 2025.
A muesra ten ao polbo como elemento central e condutor a través do que se conectan os diferentes cadros e esculturas que compoñen este exposición.
“O polbo, icona de Galicia, é o elemento principal ao redor do que viran todas as obras e é fusionado con elementos propios da arte urbano e grafiti”, tal e como explica o autor.
As obras mostradas mesturan imaxes deste elemento, símbolo da cultura galega, con técnicas propias da arte urbano e contemporáneo.