O Centro Cultural Marcos Valcárcel inaugura a mostra ‘Se ha descubierto agua en la luna’

OurenseXa
Trátase da primeira exposición que combina as técnicas de óleo e origami
inauguracion-exposicion-agua-marcos-valcarcel
Inauguración da exposición ‘Se ha descubierto agua en la luna’
11 Apr 2025

O Centro Cultural Marcos Valcárcel inaugurou hoxe a exposición “Se ha descubierto agua en la luna”, a primeira mostra na que se combinan os traballos en óleo dun artista con pezas de origami. Esta novidosa oferta expositiva nace da colaboración da pintora ourensá Ehlaba xunto co experto en origami, Ramón Jiménez Pérez. O deputado de Cultura, César Fernández, participou no acto de presentación da mostra, que poderá visitarse ata o próximo 4 de maio.

A exposición está formada por 22 pezas do que se podería denominar “oleorigami”, por combinar óleo coa arte de papel pregado, nunha colaboración harmónica de equilibrada confluencia, unha acción conxunta de dúas artes diferentes na que os artistas pretenden en cada obra xerar una sinerxia multiplicadora dos efectos que se producirían por separado.

“Ademais da auga atopada na lúa, os artistas aquí amosan outros descubrimentos que permanecían ocultos e que descobren para nós. Así, na lúa tamén aparece o Principiño ou celebran atopar auga cunha festa de fogos artificiais”, sinalan os organizadores.
O espectador atopará grandes lagartos, un castelo encantado, un dragón, un raposo, un cocodrilo e mesmo unha serpe de dúas cabezas

Ehlaba Carballo de Dios é unha artista multidisciplinar cunha ampla traxectoria en exposicións individuais e colectivas a nivel nacional e internacional. A súa obra céntrase na natureza e no territorio.

Ramón Jiménez Pérez é escritor e xestor cultural (na Casa de Galicia en Madrid) é un dos maiores expertos españoles en papiroflexia e origami.

⚙ Configurar cookies
0.17101311683655