O Centro Cultural Marcos Valcárcel inaugura hoxe unha exposición fotográfica sobre presas

OurenseXa
A inauguración terá lugar hoxe mércores 21 de febreiro ás 19.00 horas e poderá visitarse ata o 31 de marzo no Centro Cultural Marcos Valcárcel
cartel_inauguracion_presas
Centro Cultural Marcos Valcárcel acollerá dende hoxe ata o 31 de marzo a exposición
21 Feb 2024

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acollerá dende hoxe ata o 31 de marzo a exposición "Presas: La fuerza domesticadora de lo grande", de Antón Rodicio. A inauguración será esta tarde ás 19.00 horas.

Biografía do autor

Antón Rodicio é un fotógrafo, escritor e matemático (catedrático de álxebra na universidade de Santiago de Compostela) nacido na Ribeira Sacra en 1960. Fotógrafo de vocación tardía, chegou á fotografía desde a filosofía de Krishnamurti, a mística da natureza e a historia da pintura.

Nas súas imaxes hai, a partes iguais, imaxinación e rigor. Aínda que unhas poucas son a captura dun instante que xurdiu de improviso, a gran maioría conlevan un gran esforzo na selección das localizacións e na planificación previa, moita atención aos detalles e, con frecuencia, non poucas visitas ao escenario elixido en busca da atmosfera e a luz adecuadas.

Un dos seus principios reitores é o do equilibrio entre o creativo e o técnico: aínda que a técnica non debe ser un estorbo para a creatividade, non pode haber unha boa fotografía sen unha boa técnica. Dedícase sobre todo á fotografía de paisaxes naturais, pero tamén de paisaxes urbanas e arquitectura.

0.19265699386597