O Centro de Saúde de Pereiro de Aguiar organiza a III Semana da Saúde con charlas abertas ao público

OurenseXa
O luns 26 de maio celebrarase unha charla sobre prevención da enfermidade renal, a cargo de Alcer Ourense
Centro de saúde de Pereiro de Aguiar
Centro de Saúde de Pereiro de Aguiar
24 May 2025

O persoal sanitario do Centro de Saúde de O Pereiro de Aguiar puxo en marcha a terceira edición da Semana da Saúde, que dará comezo este luns, 26 de maio. Estas actividades están dirixidas á promoción de hábitos saudables e á prevención de enfermidades.

Así, o luns ás 17.30 horas no centro de día de Os Gozos, terá lugar unha actividade titulada “Agásalle vida: Prevención da enfermidade renal e doazón de órganos”, unha charla impartida por Carmen Dorado, coordinadora de Alcer Ourense, e Raúl Añón, vicepresidente e voluntario da mesma entidade.

A actividade está organizada polo equipo sanitario do Centro de Saúde de O Pereiro de Aguiar e busca achegar á cidadanía información útil e accesible sobre temas de saúde relevantes para a poboación. A entrada será libre e gratuíta ata completar aforo.

⚙ Configurar cookies
0.17855596542358