O centro de saúde Os Peares acolle unha actividade de formación en primeiros auxilios

OurenseXa
Os monitores participantes aprenderon como afrontar as situacións de Urxencias máis frecuentes que soen presentarse nas súas actividades cotiás
enfermeiros do curso dos peares na peroxa
os tres enfermeiros que impartiron o curso
19 Xul 2024

No centro de saúde dos Peares houbo unha actividade comunitaria impartida polo persoal de enfermaría de atención primaria, baixo a coordinación da Subdirectora de enfermaría de atención Primaria Verónica Civeira, destinada a monitores de tempo libre que atenden os campamentos de nenos e nenas nesta época estival.

Esta formación en primeiros auxilios foi impartida polo enfermeiro referente en saúde comunitaria do centro de Coles, Antonio Zapata, o enfermeiro do ESAD de Ribadavia, Manuel Araujo, e pola enfermeira do centro onde tivo lugar esta iniciativa, Nerea Pan.

Neste obradoiro formativo os monitores participantes aprenderon como afrontar as situacións de Urxencias máis frecuentes que soen presentarse nas súas actividades cotiás: feridas, contusións, afogamentos, picaduras de insectos, carrachas ou avespas, paradas cardiorrespiratorias…

0.17559814453125