O Centro de Saúde Valle Inclán conta cun novo xefe de servizo de Atención Primaria
OurenseXa
O doutor Jesús Valverde será o novo responsable do Servizo de Valle Inclán en substitución do recentemente xubilado Raimundo Gulín
O doutor Jesús Valverde, nomeado novo responsable do Servizo de Valle Inclán
20 Mar 2024
A Xerencia de área sanitaria, ven de resolver a convocatoria pública para a provisión de dous postos vacantes de xefatura de persoal licenciado sanitario do nivel asistencial de atención primaria para os servizos de Celanova e Valle Inclán.
O doutor Jesús Valverde, novo responsable do Servizo de Valle Inclán en substitución do recentemente xubilado Raimundo Gulín, naceu en Ourense e acadou en 1986 a licenciatura en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e a especialidade en Medicina Familiar e Comunitaria vía MIR no ano 1992. Exerceu como médico do servizo de urxencias do Hospital de Montecelo durante tres anos para posteriormente trasladarse a área sanitaria ourensá para traballar como médico de atención primaria onde traballa desde case que trinta anos, pasando polos centros de saúde de Esgos, Verín, Ribadavia e Valle Inclán onde exerce desde o ano 2011.
Ten unha dilatada experiencia docente xa que é titor de residentes en formación de medicina familiar e comunitaria e exerceu tamén a coordinación da rotación dos alumnos da Universidade de Medicina nos servizos de atención primaria da área ourensá.
Pola súa parte, a doutora Patricia Pazos, que asumeCelanova, é licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago onde completou a súa etapa de formación como residente para posteriormente traballar como médica de atención familiar e comunitaria nesa mesma área sanitaria. No 2006 comezou traballando no servizo de urxencias do CHUO para pasar posteriormente a exercer como médica de atención primaria en varios centros de saúde da área sanitaria nos que leva xa cerca quince anos. Desde o 2013 exerceu nos centros de saúde de Bande e Lobios e acadou a xefatura de servizo atención primaria da comarca de Bande no ano 2020.
A nova responsable do servizo de Celanova é titora para a formación de residentes de medicina familiar e comunitaria e tamén titora de alumnos da Universidade de Medicina en rotación.