O Centro Dramático Galego leva a Amoeiro o autobús do teatro

OurenseXa
O Autobús do Teatro chegará a Amoeiro o venres 24 de maio
cdg_autobus_teatro_amoeiro
O CDG levará a Amoeiro o Autobús do Teatro
2 Abr 2024

O Centro Dramático Galego levará o seu Autobús do Teatro ao Concello de Amoeiro o venres 24 de marzo.

A actividade, enmarcada dentro programa de mobilidade do CDG, sairá do Campo da Festa de Amoeiro ás 15.30 horas e dirixirase ata o Salón Teatro de Santiago de Compostela, onde os asistentes poderán disfrutar da obra "Os actos e as profecías", unha dramaturxia escrita por Xacio Baño e Tamara Canosa, quen exerce tamén as funcións de directora.

A función será ás 18.00 horas da tarde e a volta está prevista para as 20.30 horas. Os interesados poderán inscribirse chamando ao teléfono 988 281 000 ou a través da páxina web do concello de Amoeiro.

0.21334505081177