O Centro Dramático Galego trae a Allariz a obra "A Serie Cløpen" dentro do seu programa de mobilidade

OurenseXa
O público poderá viaxar en autobús ata Santiago para gozar dunha proposta que combina acrobacias, danza, comedia e clown
generica-teatro
3 Sep 2025

O Centro Dramático Galego presentará o vindeiro mércores 24 de setembro no Salón Teatro de Santiago de Compostela a súa nova produción A Serie Cløpen, unha peza dirixida por Pablo Reboleiro con dramaturxia de Clara Gayo e o propio Reboleiro. A cita forma parte do programa de mobilidade que achega o teatro aos distintos concellos galegos, neste caso a Allariz, ofrecendo transporte en autobús para o público interesado.

A saída está prevista ás 14:55 horas desde a estación de autobuses de Allariz, con regreso tras a función, arredor das 20:15 horas. A representación comezará ás 18:00 horas en Santiago e o custo da actividade é de 5 euros. As inscricións poden realizarse na Casa da Cultura ou a través do correo electrónico cultura@allariz.gal
ata o 21 de setembro, lembrando que as prazas son limitadas.

No escenario, intérpretes como Marián Bañobre, Luz García, Johanna Hesse, Raquel Oitavén, Natalia Pajarito, Inés Santos e Guillermo Solo darán vida a unha proposta que mestura teatro físico, danza e humor. A obra defínese como “un espectáculo cheo de acrobacias imposibles, aéreos impactantes, comedia hilarante, danza, clown e unha historia cativadora”, pensado para todo tipo de públicos.

Con este programa, o Centro Dramático Galego e a Xunta de Galicia pretenden achegar as artes escénicas a novos espectadores, facilitando o acceso á cultura e á experiencia teatral máis alá das grandes cidades.

⚙ Configurar cookies
0.17469310760498