O centro social da Asociación Veciñal Oira Ribeira Miño acolleu unha xornada sobre compostaxe

OurenseXa
A actividade pretende poñer en valor a importancia da correcta separación de residuos domésticos
xornada-compostaxe-avv-oira
8 Jun 2025

O centro social da Asociación Veciñal Oira Ribeira Miño, integrada na Agrupacion Miño, acolleu esta semana unha xornada formativa sobre compostaxe doméstica.

Esta actividade forma parte do Programa Participativo sobre Compostaxe pretende poñer en valor a importancia da correcta separación de residuos domésticos e o seu aproveitamento na elaboración de compost coa materia orgánica.

As persoas participante recibiron un cubo marrón para trasladar a materia orgánica do fogar o composteiro que teñen na finca.

⚙ Configurar cookies
0.17876696586609