O centro social da AVV As Termas acolleu unha xornada de saúde comunitaria
OurenseXa
O local converteuse nun punto de vacinación grazas a un equipo de atención primaria do centro de saúde A Ponte

12 Dec 2025
O centro social da Asociación Veciñal As Termas, situado na Praza 200, converteuse nun punto de vacinación grazas á implicación do equipo de atención primaria do centro de saúde A Ponte.
A xornada de saúde comunitaria comezou cunha charla informativa sobre a importancia da vacinación e a resolución de dúbidas e mitos. Posteriormente, administráronse as vacinas da gripe e COVID-19 ás veciñas e veciños.