O Centro Sociocomunitario de Celanova acollerá talleres de crochet durante todo o mes de xuño
OurenseXa
Os talleres desenvolveranse todos os xoves en horario de tarde

5 Jun 2025
O Concello de Celanova pon en marcha un curso gratuíto de crochet para a veciñanza, que terá lugar todos os xoves do mes de xuño, comezando hoxe mesmo.
Os participantes aprenderán a fabricar a súa propia funda para o móbil e as chaves un neceser personalizado.
A actividade desenvolverase nas instalacións do Centro Sociocomunitario en horario de tarde, de 17:00 a 18:00 horas, e será de carcácter gratuíto. Para participar, as persoas interesadas poden anotarse no propio centro.