O Centro Sociocomunitario de Celanova acollerá un obradoiro sobre o solo pélvico

OurenseXa
Será este 21 de abril pola tarde e a participación require inscrición previa
pelota-pilates-recurso
13 Apr 2026

Celanova acollerá a vindeira semana un obradoiro dedicado ao solo pélvico, que se celebrará o vindeiro 21 de abril, en horario de 16:30 a 20:00 horas.

A actividade terá lugar nas propias instalacións do centro sociocomunitario e está dirixida a persoas interesadas en coñecer e traballar esta área da saúde.

A participación require inscrición previa, que pode realizarse a través do teléfono 988 788 647 ou mediante o correo electrónico c.b.s.celanova@xunta.gal.

0.11932396888733