O Centro Tecnolóxico da Carne de Galicia impartirá unha charla na Biblioteca de Maceda

OurenseXa
Será este luns, 24 de novembro, para dar a coñecer o seu traballo e explicar como a investigación e a innovación poden axudar a aumentar o valor dos produtos do rural
charla.rural-biblio-macda
24 Nov 2025

Dentro das actividades do mes da ciencia nas bibliotecas, este luns 24 de novembro terá lugar na Biblioteca Pública Municipal de Maceda unha charla titulada “Do campo ao valor engadido: mellorar a rendibilidade dos produtos agrarios e gandeiros”.

O Centro Tecnolóxico da Carne de Galicia visitará a biblioteca para dar a coñecer o seu traballo e explicar como a investigación e a innovación poden axudar a aumentar o valor dos produtos do rural galego. Durante a sesión, falarase de experiencias e oportunidades reais para transformar e facer máis rendible o que se produce no agro galego.

A actividade comezará ás 19:00 horas e estará aberta a todas as persoas interesadas, sendo de acceso gratuíto.

⚙ Configurar cookies
0.08743691444397