O CHUO acolleu un obradoiro de coidado da pel para pacientes oncolóxicas

OurenseXa
A actividade enmárcase no programa solidario da Fundación Stanpa, “Ponte guapa, te sentirás mellor”
obradoiro-maquillaxe-chuo
13 Feb 2026

O Hospital Universitario de Ourense acolleu un novo obradoiro do programa solidario da Fundación Stanpa, “Ponte guapa, te sentirás mellor”, centrado no coidado da pel e técnicas de maquillaxe adaptadas a pacientes con cancro. O taller busca “dar apoio ás mulleres nunha etapa vital tan complexa, como durante un tratamento oncolóxico, axudándoas a sentirse mellor”.

Durante o curso, as participantes reciben orientación sobre aspectos prácticos do día a día, desde “como maquillarse ou de si poden facelo, de que cremas poden ser máis axeitadas, do coidado do cabelo, ou de que facer ante a perda das cellas ou pestanas”. Aínda que parezan cuestións pequenas, estas accións teñen un impacto directo no benestar e na autoestima das mulleres.

Os obradoiros son impartidos por profesionais voluntarios, formados especificamente para “facilitar a súa aproximación aos pacientes, ademais de principios cosméticos para o coidado da pel e maquillaxe cando se está a ser tratado de cancro”. Antes de liderar un taller, os voluntarios participan como “observadores” en sesións previas, asegurando unha preparación completa.

Belén Piñeiro, xefa de Servizo de Atención ao Paciente e Humanización do hospital, destacou que se trata dunha actividade “moi gratificante para as participantes, porque as empodera e reforza a súa autoestima, ademais de poñelas en contacto con outras mulleres, que afrontan este proceso tan complicado física e emocionalmente”.

Cada participante recibe un neceser con produtos cosméticos, doados polas empresas integrantes da fundación, e as voluntarias explican o seu uso durante a clase. O obradoiro serve tamén como punto de encontro entre entre estas pacientes, promovendo relacións as sociais e oapoio mutuo, a través do coidado do aspecto.

⚙ Configurar cookies
0.08360481262207