O Ciclo de Cine Mestre Mateo levará este sábado a Celanova catro curtas

O Cliclo de Cine Galego 'Mestre Mateo' chega este sábado a Celanova coa proxección de catro curtametraxes.
Trátase de Illa Cordura, Nena, O Monstro e a Nena e In Half. Todas elas proxectaranse na Casa dos Poetas de Celanova este sábado, 9 de novembro, a partir das 12.30 horas. A entrada será libre e de balde ata completar o aforo.