O ciclo de encontros "Entre formas e palabras" chega a Xunqueira de Espadanedo

RibeiraSacraXa | OurenseXa
Unha proposta que pon o foco no diálogo entre a creación artística e o pensamento contemporáneo
xunqueira-espada-paideia
22 Jul 2025

A Fundación Paideia Galiza e a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), continúan impulsando o ciclo de encontros Entre formas e palabras, unha proposta que pon o foco no diálogo entre a creación artística e o pensamento contemporáneo.

O vindeiro sábado 2 de agosto, ás 11.30 horas, celebrarase o terceiro encontro do ciclo baixo o título Tecendo redes, dentro da programación do Festival Danza no Claustro. A sesión terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Xunqueira de Espadanedo (Ourense), e abordará a relevancia das redes de colaboración no eido da danza contemporánea.

O coloquio contará coa participación de Maruxa Salas e Erik Jiménez, da compañía SóLODOS, recoñecidos polo seu labor en proxectos como SóLODOS en Danza (Ourense e Costa Rica), Danza no Claustro ou Danza no Camiño. Xunto a eles estará Natividad Buil, directora do Festival Trayectos, referente da danza contemporánea en espazos urbanos.

Ademais da conversa, esta edición incluirá un showcase a cargo de Clara Ferrao Diz, bailarina e creadora cunha traxectoria consolidada na danza contemporánea, recoñecida pola súa expresión delicada e a súa exploración poética do movemento.

A moderación correrá a cargo da bailarina, coreógrafa e xestora cultural Paula Quintas, que conducirá a sesión cara a unha reflexión compartida sobre os vínculos e sinerxías no panorama actual da danza.

A inscrición é gratuíta e está aberta ata completar aforo a través da web oficial da Fundación Paideia: www.paideia.es.

⚙ Configurar cookies
0.1614830493927